Decenas de maiores da Coruña reciben atención domiciliaria a través do seu televisor

Decenas de maiores da Coruña reciben atención domiciliaria a través do seu televisor

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Recibir atención médica a través do televisor pode soar a ciencia ficción, pero se trata dunha realidade para máis dun cento de persoas maiores e dependentes da Coruña que participan nunha iniciativa pioneira de atención domiciliaria en liña. O Concello, a Universidade, a Unión de Pensionistas e Xubilados, Caixa Galicia e a empresa R puxeron en marcha un p

O obxectivo desta experiencia é pór as novas tecnoloxías ao servizo dos maiores e dependentes. A través da colocación dun dispositivo no seu televisor, e utilizando un sinxelo código de cores, os participantes no proxecto poden desde a casa acceder a atención médica, avisar de situacións de emerxencia ou recibir estimulación cognitiva. Nun futuro próximo incorporaranse novas posibilidades, como as de tomar a temperatura ou medir a tensión.

A concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira, falou en Radiofusión sobre as vantaxes desta iniciativa. A atención en liña, asegurou, permite atrasar o envellecemento, aumentar a calidade de vida das persoas e evitar os ingresos en residencias. Polo tanto, entende que os beneficios son tanto sociais como económicos.

Nesta fase piloto do proxecto Telexerontoloxía participan 170 persoas maiores ou dependentes da cidade da Coruña. Cando se analice o resultado desta proba, e despois de realizar as melloras precisas, o dispositivo comezará a comercializarse. A concelleira de Servizos Sociais da Coruña adiantou en Radiofusión que, cando chegue ese momento, é posible que o concello ofreza gratuitamente este sistema aos maiores do municipio.

Sociedade