Deixaron a pel no campo

Galicia de Caranza 2- Perlio 1 na Liga feminina de fútbol 7
14 de Xaneiro, 2020 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino fixo frente ao Galicia de Caranza. Adiantouse no marcador e, co resultado en contra, buscou o empate. Nunca baixou os brazos.

ESCOITA O PODCAST:

Difícil foi para o Perlío feminino o enfrontamento co Galicia de Caranza na terceira xornada da Liga feminina de futbol-7. A pesar da dificultade, as dos Pinares saíron sen medo e plantaronlle cara ás camioas de liga e copa da pasada temporada. Tan ben saíron ao campo que o Perlío púxose por diante cun gol de Judit e así chegaron ao descanso, co 0-1 no marcador. O Caranza reaccionou e “saíu con todo na segunda parte” en palabras do técnico do Perlío. Juanjo Lorenzo recoñece que cometeron dous erros en defensa que lles custaron os dous goles das ferrolás.

As fenesas buscaron o empate. Aínda que finalmente non acadaron os tres puntos, as xogadoras do Perlío saíron coa fachenda de "non baixar os brazos e de deixarse a pel no campo" en palabras de Juanjo Lorenzo. O próximo domingo 19 de xaneiro o Perlío recibe nos Pinares ao Discalzas, ás 11,30h. Iria recuperase ben dunha lesión muscular e mañá agárdana no adestramento. (Na imaxe, a delegada do Perlío feminino, Conchi López)

Deportes

Publica o teu comentario agora