Delicatessen final do "XI Burgojazz" con Nani García Trío

Delicatessen final do "XI Burgojazz" con Nani García Trío

26 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Anacaona Latin Jazz actúa ás 20:30 do serán no Xardín Botánico “Ría do Burgo” dentro do "XI Burgojazz". Un Cuarteto de excelentes músicos de jazz e de recoñecido respecto gañado a base dunha longa vida nos escenarios de todo o mundo. Para clausurar esta edición, o prato forte vén da man de Nani García Trío, un dos grandes referentes do jaz

Anacaona Latin Jazz

O seu líder, Quique Alvarado, tocou entroutras figuras da escena do jazz internacional con Paquito Rivera. Os seus compoñentes, Alvarado (baixo), Toni González (batería), Alfredo Álvarez (piano) e Guillermo Lancelotti (trompeta) son destacados mestres nas mellores escolas de música da Coruña e Santiago. Ofrecen unha música quente e chea de raíces ao alcance de todos/as aderezado coa mestría destes catro virtuosos instrumentistas que sen dúbida deixarán ao público con moi boa sensación, e serán a ledicia de que os escoite. 

Nani García Trio

Nani García, compositor, músico e produtor musica inicia a súa formación musical en composición e jazz en Suecia os anos 1976-1980. No seu retorno a Galicia forma parte dos diversos grupos de jazz da época. Nos anos 90 empeza a compaxinar a súa actividade como solista co seu labor como produtor musical.

Miguel Cabana empeza os estudos de percusión clásica aos 13 anos, derivando anos despois nunha plena dedicación á batería e a percusión moderna. En setembro de 1999 entra a formar parte do profesorado da Escola Municipal de Música da Coruña na sección de jazz e música moderna dirixida por José A. Acuña, quen o introduciu de cheo no mundo do jazz.

Simón García é licenciado polo Conservatorio Superior de Música de Salamanca. Actualmente é contrabaixista na Banda Sinfónica Municipal da Coruña. Ademais da gravación de spots e bandas sonoras, cabe destacar o seu labor como compositor e arranxista para formacións de cuartetos de contrabaixos.

Sociedade