Delicias de mar e horta

Delicias de mar e horta
13 de Novembro, 2019 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

Mar e terra Friends chámase unha das tapas que participan no certame organizado polo Concello de Fene, coa colaboración da Asociación de comerciantes O Cruceiro. Unha tosta de pan con queixo, xamón serrano, grelos, gulas, gambas e tomate. Esta delicia de mar e horta sírvenna na cervexería Friends, segundo nos explica Brais.

ESCOITA O PODCAST:
Cervexería Friends participa no Certame de Tapas de Fene

Os once establecementos participantes no Certame de Tapas amósanse satisfeitos coas visitas na primeira fin de semana do evento. Algún serviu un total de 150 tapas entre o venres, sábado e domingo. Valoran tamén positivamente o feito de cobrar cada tapa a un euro cincuenta. Iso permite ofrecer un produto máis elaborado, segundo salientan.

Sociedade

Publica o teu comentario agora