Demandan o saneamento da ria de O Burgo

Demandan o saneamento da ria de O Burgo

10 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unhas 200 persoas participaron este domingo nunha concentración "lúdico-festiva" no Burgo (Culleredo A Coruña) para esixir a sanción aos causantes das verteduras á ría, o remate do seu saneamento integral e a acometida dun plan consensuado de rexeneración ambiental.  No acto, organizado pola Plataforma en Defensa da Ría, participaron distintos representantes dos 30 colectivos que integran esta asociación, así como represent

Nesta liña, segundo apuntou Ramón Sixto, o colectivo en Defensa da Ría recomendou ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández que se poña en contacto" co Ministerio de Medio Ambiente, para "aclarar quen ten que facer o tratamento dos lodos".

 

Segundo denunciou o presidente da asociación veciñal, "polo visto está claro que o Goberno central ten que pór o diñeiro" pero despois a Xunta di que "está enquistada" e "non ten executar o tratamento", e o que resulta é que os prexudicados disto "somos os veciños".

 

Ante isto, Ramón Sixto explicou que a plataforma entende que é a Xunta a que debe levar a cabo o saneamento, xa que "este tipo de limpeza desde hai moito tempo está transferida ás comunidades", polo que seguirán realizando mobilizacións ata que se busquen solucións.

Sociedade