Demencia nos animais

Demencia nos animais
06 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Identificar pronto sinais de demencia nun can axuda a ralentizar unha enfermidade que non ten cura, advirte a etóloga Noemí Graña en resposta á consulta dunha ouvinte de Radio Fene. “É moi importante actuar pronto para ter máis posibilidades de ralentizalo, é algo dexenerativo non se pode curar”.

ESCOITA O PODCAST:

Problemas de disfunción cognitiva, semellantes ao alzheimer, que poden presentar diferentes síntomas. Convén consultar co veterinario se observamos no can a perda de hábitos hixiénicos, que deixa de facer cousas que antes sabía facer ou se dá mostras de desorientación. Calquera destes síntomas “ten que espertarnos unha alerta”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora