Denuncian conxestión dos servizos de urxencias

Denuncian conxestión dos servizos de urxencias

03 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Denuncian colapsos nos servizos de urxencias do Arquitecto Marcide. Os pacientes queixanse da espera durante horas por enfermos de distintas patoloxias. Xa a pasada semana a tenente de alcalde de Ferrol Beatriz Sestayo denunciara a espera durante vinte oito horas por unha cama, pola carencia de cuartos dispoñibeis.

Sestayo reclama a apertura total do Hospital Naval, o traslado de máis especialidades para o centro contiguo ao Marcide para deixar espazo para urxencias, ademais de contratar máis persoal.

O SERGAS indica que a media diaria anual de pacientes atendidos nas urxencias do Marcide situase en 180 persoas. As épocas con máis problemas en Urxencias coinciden co pico da gripe, que este ano chega con retraso debido ao bó tempo dos últimos meses.

O orzamento sanitario público recortouse nun 18,3% desde 2009, sendo Galicia a que fixo o recorte máis severo, segundo denuncia a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.  Desde a chegada de Núñez Feijoo, á Xunta perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública. Entre 2010 e 2014 elimináronse 447 camas hospitalarias públicas, a pesar do incremento das listas de espera. A Asociación suliña a conxestión permanente dos servizos de urxencias.

Sociedade