Denuncian novos vertidos ao río Ba en Vilar do Colo

Denuncian novos vertidos ao río Ba en Vilar do Colo

11 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Etnográfica e da Natureza denuncia a realización de novos vertidos de cemento e cascallos no parque empresarial de Vilar do Colo nas proximidades do rio Ba. Aetna indica que a vertedura foi posta en coñecemento do Seprona por parte de propietarios de terreos nesta zona do polígono industrial que comparten os Concellos de Fene e Cabanas.

Segundo o presidente de Aetna, Juan José Cabana, os vertidos contaminan as augas do rio, interrumpindo a súa circulación e provocando a seca dos canles de rego. Demandan unha actuación contundente para devolver o entorno do rio á súa situación orixinal e unha investigación para dar cos autores destas novas agresións á natureza.

Sociedade