Dependemos do que diga Merkel

Dependemos do que diga Merkel
13 de Xullo, 2020 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

A estratexia de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia vai ser continuista, unha politica de ton baixo. Intentará dar sensación de estabilidade e continuará vendendo a imaxe de boa xestión. En canto aos recortes na sanidade ou na educación, "todo dependerá do que diga Merkel" afirma o escritr e filósofo Antón Baamonde.

ESCOITA O PODCAST:

No dilema, aprobado de Núñez Feijóo ou suspenso da oposición, o filósofo e escritor Antón Baamonde elixe “suspenso da oposición”. “O reto da oposición é selo” Na campaña deberían ter elaborado unha folla de ruta con dez medidas na que coincidiran todos e trasladar á sociedade que tiñan equipas competentes e preparadar para xestionar o país "pero no seu foro interno non crían posible o cambio”

Baamonde explica a espectacular subida do BNG  nas eleccións celebradas onte, nun bo liderado de Ana Pontón que soubo traspasar os lindes do nacionalismo e beneficiarse do afundimento de Galicia en Común e de parte dos votantes do PSOE. No trunfo do PP, en palabras de Antón Baamonde, “foron decisivos os últimos meses de pandemia e á sobreexposición de Núñez Feijoo”. E explica que en Galicia hai un ano, a suma de PP, Ciudadanos e Vox daba menos que a suma da esquerda con PSOE, BNG e Galicia en Común. Conclúe que “no ámbito autonómico a oposición non compite, non fai o seu traballo”.

 

 

 

(Foto de Xan Xe Corral)

Sociedade

Publica o teu comentario agora