A Deputación de Lugo limpa de neve e xeo máis de 100 estradas

A Deputación de Lugo limpa de neve e xeo máis de 100 estradas

05 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O Dispositivo de Inverno da Deputación está a acondicionar máis de 100 estradas de titularidade provincial afectadas polas precipitacións caídas en forma de neve e xeo durante esta noite. A cota de neve ten descendido en relación á xornada de onte, véndose reducida esta acumulación a menos de un metro. Nas zonas cento e sur da provincia recoméndase circular con moita precaución xa que hai grandes placas de xeo que fan intransit

Nestas dúas xornadas, o operativo de máxima intensidade utilizou máis de 370 toneladas de sal para acondicionar a rede viaria da provincia.A cota de neve descendeu ata menos dun metro mais, arestora, hai grandes placas de xeo nas zonas centro e sur da provincia, o que fan intransitable algunha vía provincial.
Este operativo de máxima intensidade, que despregou a Deputación con motivo do temporal, está composto por máis de 100 operarios e 52 máquinas que traballan durante todo o día para resolver as posibles incidencias relacionadas co mal tempo.

As estradas provinciais nas que está a traballar a Deputación son as seguintes:
-Baleira: LU-P-0401, 0405 e 0407.
-Folgoso do Courel: LU-P-1303, 4505, 5004, 1301, 1303, 1305, 1306, 5601.
-Cervantes: LU-P-1401, 1404, 1405, 1411, 1412, 0702, 1401, 1402, 1403, 1404, 1406, 1407, 1408, 1409, 1410, 1411, 1412, 3505, 4505.
-A Fonsagrada: LU-P-1906, 3601, 0408, 0708, 1901, 1902, 1903, 1904, 1905, 1906, 1907, 1908,1909, 1910, 3601, 4606 e 4811.
-O Incio: LU-P-2505, 1306, 2501, 2502, 2503, 2504, 2505, 4706, 5711.
-Meira: LU-P-4806 e 3004.
-Navia de Suarna: LU-P-3501, 3502, 3508, 3505, 3509, 1901, 3503, 3505, 3509, 3511 e 3512.
-Negueira de Muñiz: LU-P-3601 e 3602.
-As Nogais: LU-P-3701, 4504, 4503, 0707 e 3702.
-Ourol: LU-P-6602, 3801 e 3810.
-Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, 4503, 4505, 1301, 1304,4501, 4502.
-A Pobra do Brollón: LU-P-4701 e 4707.
-Quiroga: LU-P-5001, 5004, 5002 e 5005.
-Ribas de Sil: LU-P-5301.
-Ribeira de Piquín: LU-P-1906, 4606, 4802 e 5401
-Samos: LU-P- 5603, 5601, 1306, 5605, 1306, 2503, 2507, 5602 e 5604.
-Taboada: LU-P-6001.
-Triacastela: LU-P-3702, 6201, 0706 e 4505.

O Operativo de Inverno estará traballando ininterrompidamente durante a xornada de hoxe, para resolver as incidencias que se poidan producir na rede viaria provincial.

Sociedade