A Deputación de Lugo presume de que cumpriu o seu programa de goberno en tan só tres anos

A Deputación de Lugo presume de que cumpriu o seu programa de goberno en tan só tres anos

12 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o vicepresidente primeiro, Antón Bao, presentaron este luns os novos retos para a Deputación 2011-2015 e fixeron balance do que foron estes tres primeiros anos de goberno provincial. Gómez Besteiro subliñou que “fixémolo todos os anos e este tamén nos tocaba cumprir. É o último antes dunha cita electoral que vai afectar tamén á Deputación. Se

Os novos retos do organismo provincial para a conclusión deste mandato son catro. Neste senso, o Presidente destacou que “para iso nós imos seguir tendo como paraugas de proxeción o primeiro Plan Estratéxico da provincia. Ademais,  tamén terán que someterse a manter a estabilidade económica desta Administración, xa que a de Lugo non só foi a primeira Deputación galega cun plan económico-financeiro para asegurar unhas contas saneadas e estables non momento de crise, senón que foi capaz un ano antes de que rematase a vixencia do plan acadar a estabilidade financiera”. Os novos retos son os seguintes:

1.- Máis políticas mancomunadas que aumenten a produtividade e competitividade da provincia. Gómez Besteiro sinalou que “imos seguir con estas políticas que nos deron moito éxito durante este mandato e farémolo da man dos Concellos, buscando que as sinerxias favorables que se producen cando os municipios traballan en conxunto coa Deputación se traduzan en resultados moitísimo máis positivos”. Como exemplos desta colaboración, o titular provincial sinalou a contratación conxunta do subministro eléctrico, a proposta novidosa da xunta central de compras para todos os municipios e a busca de aforro enerxético a través de infraestruturas máis alá do recibo da luz.

2.- Consolidar a administración electrónica, tendo como base o programa provincial Innova-TE, que, a pesar dos seus obxectivos extremadamente ambiciosos, vai en prazo. En xuño do 2011 estará concluída a fase actual. “O vindeiro ano será cando empece a dar un alto rendemento este servizo de cooperación que segue sendo unha liña de aforro moi importante para os Concellos, e que nos permitirá dar o salto a traballar en rede, a asignatura pendente desta provincia”.
 
3.- Acadar o Pacto polo Campo, que inclúe un conxunto de iniciativas como: o centro de recría de gando na Granxa Gayoso Castro a pleno rendemento, contribuíndo a fixar poboación e frear o saldo demográfico negativo; seguir facendo do medio ambiente unha oportunidade económica con programas como Km0, que mantén 3.000 postos de traballo directos ou indirectos; ou apoiar a industrias de productos autóctonos cono foi o caso das castaña con Alibós.

“O campo ten que estar presente na axenda diaria de todas as administracións e a Deputación seguirá liderando esa idea. O futuro da provincia vai da man do medio rural”, apuntou Besteiro.

4.- Captar novos fondos europeos. O organismo provincial reorientou as políticas da Deputación conseguindo en só 3 anos máis de 20 millóns de euros de Europa. “Acábase a axenda de programación de fondos europeos pero queremos volver a ser ambiciosos para os próximos catro anos”.

Gómez Besteiro subliñou que en tan só tres anos, a Deputación cumpriu o 98% do programa de goberno. Dos 11 puntos que se marcaron en xullo de 2007, dez deles están feitos.

Institucional