A Deputación licita de novo as beirarruas de Barallobre

A Deputación licita de novo as beirarruas de Barallobre

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación licitou o remate das beirarruas de Barallobre. O orzamento da obra ascende a 391.306,38 €. A actuación estivo parada como consecuencia da rescisión do contrato coa anterior empresa adxudicataria do proxecto. As empresas interesadas deben presentar as súas ofertas antes do 2 de xuño. O prazo de execución prolongaráse por espazo de 5 meses, desde a acta de replanteo.

O proxecto inclue a pavimentación da calzada e zonas de aparcamento na estrada provincial desde a farmacia ata o instituto de Barallobre. Tamén se pavimentará a rúa da Pomba. Incluense asimesmo rampas de acceso a vivendas, remate do muro de contención situado fronte ao cemiterio parroquial e execución dun novo lavadeiro no rio da Abeleira. A Deputación anunciou a contratación da travesia de Barallobre en xaneiro do 2007. O orzamento inicial da actuación superaba os 820.000 euros. A obra incluía beirarrúas neste vial desde a farmacia ata as pistas de atletismo. A actuación contemplaba a construcción de beirarruas, e instalación de alumeado e saneamento. A quebra da empresa adxudicataria provocou un retraso e a Deputación tivo que redactar un novo proxecto coas actuacións que restan por executar. Agora sácase a licitación a obra. Terá que adxudicarse, e unha vez se asine a acta de replanteo, realizaráse no prazo de 5 meses.

Sociedade