Derbi competido

Perlío e Maniños medíronse en copa, no primeiro derbi do fútbol feminino.
09 de Abril, 2019 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

O gran derbi do futbol feminino en Fene saldouse coa victoria do Cultural Maniños nos Pinares. Era o primeiro partido de copa e o marcador acabou cun Perlío 1- Maniños 2.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío 1- Maniños 2. Así rematou o derbi xogado o domingo, o primeiro da Copa feminina de Futbol 8. O encontro dos Pinares foi moi desputado e con oportunidades para ambos equipos. Mónica meteu o primeiro gol de falta para o Maniños pero o Perlío no baixou os brazos e Noe logrou o empate no ecuador do encontro. No minuto 50 chegou o segundo e definitivo gol do Maniños, un golazo de Nuria, segundo o calificou un dos técnicos do Maniños, David, quen dixo do Perlío feminino que ven de dar un salto de calidade e traballo.

Na segunda xornada de copa o Maniños recibirá ao Cariño, equipo que ten diante a Eva, “un dolor de moas”. Con iso a comparou David. O Perlio xoga en Vilaboa fronte ao Rosalía. Con toda probabilidade xogarán o domingo 14 de abril. Sabela do Perlío sigue de baixa e Carolina volve ao Maniños. O próximo venres recolle o trofeo por ser pichichi na pasada temporada da Liga de Futbol8 feminina. Farao na Gala do Deporte de Fene que se celebra este venres dia 12 de abril, ás 20h nas instalacións da sociedade Agarimo de Sillobre.

Deportes

Publica o teu comentario agora