A Deriva de Regina Touceda

XXXII Premio Pérez Parallé de poesía.
15 de Novembro, 2019 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

Regina Touceda recolle o XXXII Premio de Poesía Pérez Parallé o sabado ás 20:00h no CMI Unidade de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O sabado 16 de novembro entrégase o Premio de Poesía Pérez Parallé no CMI Unidade de Fene, sociedade que xunto co Concello de Fene e a editorial Espiral Maior, o convoca cada ano. Ao acto asistirá a gañadora, Regina Touceda, unha estudante de Cuntis que  cursa o Erasmus en Irlanda. A súa obra “Deriva” álzouse co Premio de Poesía Pérez Parallé,  entre un total de sesenta e cinco obras que se presentaron ao certame na súa trixesimo segunda edición. O premio entregarase o sábado nun acto que comezará ás oito da tarde. Regina voou de Irlanda a Galiza onte, desafiando o temporal, para estar mañá en Fene recollendo o galardón que lle foi comunicado cando andaba de excursión cos compañeiros de curso. Segundo non conta, apartouse do grupo para atender a chamada do teléfono pero enseguida os colegas souperon que algo pasaba polos xestos de alegría que lle saían do corpo.

Á pregunta de qué cousas lle preocupan e ocupan os seus versos, Regina Touceda responde que esta obra "Deriva" é unha especie de diario introspectivo onde analiza o paso á idade adulta, esa transición vital.  A gañadora do Pérez Parallé escibe desde os 11 anos, será porque sempre foi unha lectora empedernida. Sempre escrebe poesía e algún ensaio relacionado cos seus estudos de Filoloxía na USC. O premio axúdalle a publicar a súa primeira obra.

Acudirá a Fene acompañada da familia e dalgún amigo que se apunte. O acto de entrega do premio comenzará o sabado ás 20:00h coa benvida da presidenta do CMI Unidade de Fene, Paula Romero, seguida da lectura da acta do xurado a cargo da secretaria do mesmo. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, será o encargado de entregar o diploma acreditativo e o importe do premio en metálico. Finalmente darase a palabra á galardoada para falar de "Deriva" .

De momento hoxe venres no CMI hai teatro e magosto. O grupo A Cova do Trasno de Ares representa ás 20h “A morte de Estoraque de Guanabacoa”.

Cultura

Publica o teu comentario agora