Derradeira canasta da Escola Municipal de Iniciación ao Baloncesto 2011

Derradeira canasta da Escola Municipal de Iniciación ao Baloncesto 2011

27 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dezaoito rapaces/as, ademais dos pais/nais convidados, paraticiparon o pasado venres na clausura da escola municipal de "Iniciación ao Baloncesto" do Concello de Fene. O alumnado disputou un encontro amigable como colofón final ao curso.

Ao encontro acudiron o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego Feal, a concelleira de Deportes, Rocío Bértoa Puente, e os concelleiros Carmen Silvar, Amalia García, Inés Roca e Manuel Polo.
 

Deportes