Desakato presentan novo disco no Pub Gatos de Melide

Desakato presentan novo disco no Pub Gatos de Melide

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Miseria, sangre y plomo, este é o título do novo disco de Desakato. O traballo escoitarase ao vivo este sábado, 1 de maio, no Pub Gatos de Melide. O concerto comezará ás once e media da noite e a entrada será de balde.

A batería e guitarras do disco foron gravadas no Dynamita Studios no pasado mes de novembro con Dani G. como técnico de gravación e Adrián H. como asistente de gravación.

O baixo, voz e os arranxos graváronse nos Estudios La Nave (Bonielles-Llanera) nos dos últimos meses de 2009 e nos dous primeiro deste 2010, con Pablo Viña como técnico de gravación.

Miseria, sangre y plomo foi mesturado e masterizado en Parisana 33 Estudios (Cangas de Onís) por Pablo Viña e Gabriel Martínez.

Cultura