ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Fene prorrogará por un ano máis o contrato coa empresa "Atendo" do servizo de axuda a domicilio, cuxo número de usuarios aumentou nos últimos meses a causa da crise sanitaria provocada pola Covid19. O asunto irá mañá ao pleno ordinario que se celebra ás seis da tarde.
O concello de Fene prorrogará o contrato coa empresa “Atendo calidade” para seguir prestando o servizo de axuda a domicilio por un ano máis. O asunto someterase a aprobación da corporación fenesa no pleno que celebrará mañá xoves 3 de setembro ás seis da tarde. A crise sanitaria da Covid19 provocou o aumento das altas neste servizo de axuda a domicilio xa que Fene, en tempo normal, atendía a unhas 120 persoas, un número que se incrementou en 65 máis, vinte delas definitivas. “ Pouco a pouco estamos volvendo á normalidade” afirma o alcalde de Fene, Juventino Trigo, quen aclara que unha parte do custe do servizo asumiuno a Xunta de Galicia e outra o propio concello. Daquí a fín de ano veráse como queda a situación destas persoas de nova incorporación ao servizo.
Inicio do curso escolar
No mesmo pleno de mañá o BNG presenta unha moción na que demanda á Xunta que asuma a súa responsabilidade diante do inicio do novo curso escolar. Trigo critica que van empezar cun protocolo de mínimos e con moitos aspectos por aclarar. O alcalde fenés pon como exemplo a limpeza dos centros que “se lle vai cargar aos concellos”. Xa era este un tema pendente desde 2006 entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia. Agora os concellos vénse na obriga de incrementar a limpeza e hixiene dos centros escolares, mesmo poñendo un turno de mañá. Afirma Trigo que o concello está disposto a colaborar pero non se lle pode cargar esa responsabilidade sen ter o financiamiento adecuado que en Fene calculan se incrementará nuns 100.000 euros. “Faltan catro días e falta previsión” afirma Trigo, quen enviou un escrito á Consellería de Educación demandando algunas aclaracións, sen obter resposta algunha. O concello ultima estes días algunhas pequenas obras nos centros para que estén a punto a vindeira semana.
Nave de Fondomar.
Hai tres semanas que comezou o derrubo da nave de Fondomar na Ribeira de Barallobre. O concello de Fene está pendente do remate da demolición para manter un novo contacto con Portos de Galicia a fín de que se leve a cabo tamén a demolición da antiga depuradora ubicada a escasos metros, no peirao de Maniños. Había un acordo verbal con Portos para executar esa outra demolición e, segundo Juventino Trigo, este sería o momento de facela efectiva.
Publica o teu comentario agora