Descansadas para o derbi

O Maniños feminino está mellor nesta segunda parte da liga. O domingo quere a revancha no derbi
16 de Xaneiro, 2019 - 01:26 h. | Publicada por Radio Fene

O equipo feminino do Maniños pasa por un momento doce para afrontar o derbi co Perlío que gañou na primeira parte da Liga. As rapazas chegan descansadas ao choque xa que a fín de semana pasada tocou descansar. Cultural Maniños son segundas con 31 puntos.

ESCOITA O PODCAST:
O Maniños da Liga feminina de fútbol oito prepara o derbi

O Maniños da Liga de futbol 8 afronta o derbi o próximo domingo despois do parón de Nadal xa que lles tocou descansar a semana pasada. O descanso favoreceu a recuperación das xogadoras que estaban lesionadas, agás as de longa duración que continúan na enfermería, segundo declaracións do técnico Carlos Gómez.

Gómez afronta con optimismo o encontro co Perlío este domingo dia 20 no campo dos Pinares, porque é verdade que o Maniños feminino se encontra no mellor momento da liga. No encontro de ida, a principio da tempada, o Perlío se fixo co derbi porque, segundo palabras de Gómez, daquelas afrontaron o partido con moita intensidade.

Xogar fora está favorecendo ao Maniños, algo que ten en conta o técnico diante do derbi nos Pinares. Veremos o que pasa o domingo ás 12.00h.

Deportes

Publica o teu comentario agora