Descarrila un tren con mercadorías perigosas en Betanzos

Descarrila un tren con mercadorías perigosas en Betanzos

10 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un tren de mercadorías perigosas descarrilou pasadas as 6,30 desta tarde por causas que se están investigando en Infesta, Betanzos. O convoi, que cubría o traxecto entre Teixeiro e A Coruña, transportaba seis cisternas de bioetanol que non sufriron danos, polo que non hai risco de contaminación, segundo informa o 112.

O tráfico ferroviario permaneceu cortado durante varias horas na liña A Coruña- Palencia, e este feito afectou aos viaxeiros dun Talgo con destino a Barcelona estiveron parados na vía ata que se lles trasladaron por estrada a Monforte.Desde a central de emerxencias mobilizaron ao Grumir e aos bombeiros de Betanzos e á Garda Civil, que xunto ao persoal de Renfe, comprobaron o bo estado do convoi e que non se produciron danos nas cisternas. A máquina si sufriu danos, polo que os operarios da empresa ferroviaria tiveron que montar un operativo especial para retirala.

Sociedade