Deseña a túa web en galego

Deseña a túa web en galego
31 de Agosto, 2020 - 01:14 h. | Publicada por Radio Fene

O deseñador web Anxo Sánchez vén de crear Fala!, unha ferramenta accesible en galego para aquelas persoas que non necesitan mercar un dominio para os seus proxectos e que actualmente teñen que decantarse por blogues, plans gratuitos de wordpress ou Wix.

ESCOITA O PODCAST:
Logo do proxecto "Fala!" e enderezo web no que crear a túa páxina

O proxecto aínda ten moito percorrido por diante e un obxectivo fundamental: facilitar ao usuario a creación dun sitio web gratuito empregando unha interface completamente en galego. Precisamente aí reside a novidade, xa que ata o de agora puidemos atopar outros sistemas en castelán ou incluso en inglés, pero non na nosa lingua.

Agora buscan xente para probar Fala.gal. Os usuarios poden probar todas as combinacións de deseño posibles e distintas formas de organizar a páxina; un traballo que non poderían facer unicamente os deseñadores. Calquera pode crear o seu sitio web e comezar a crear as súas páxinas, incluir artigos, subir imaxes, cambiar o deseño e incluir un apartado de contacto. Están abertos a suxerencias para incorporar máis cousas ou mudar outras para facer mellor a experiencia de usuario.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora