A desembocadura do Miño, Premio Nacional de Destinos Turísticos Europeos de Excelencia.

A desembocadura do Miño, Premio Nacional de Destinos Turísticos Europeos de Excelencia.

18 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O proxecto “A Guarda, horizonte natural” que a Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, presentou en febreiro do ano pasado á Comisión Europea, obtivo o Premio Nacional de Destinos Turísticos Europeos de Excelencia. O luns día 20 de setembro terá lugar no concello pontevedrés da Guarda á cerimonia de entrega do Premio á que asistirán a secretaría xeral para o Turismo, M&ord

A finais de setembro terá lugar a cerimonia de entrega de premios en Bruxelas coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Turismo. De xeito simultáneo celebrarase un encontro cos medios internacionais e unha exposición sobre os destinos gañadores que incluirá a instalación dun stand con material promocional dos Destinos Europeos de Excelencia. A busca europea de excelencia no turismo desenvólvese arredor dun tema diferente cada ano, neste 2010 o tema elixido foi o Turismo Acuático e a característica principal dos destinos seleccionados foi o seu compromiso coa sostibilidade social, cultural e medioambiental.  O turismo acuático na Guarda e a desembocadura do Miño cumpren estes requisitos.

O proxecto EDEN axuda a difundir por toda a Unión Europea as prácticas sostibles utilizadas nos destinos seleccionados e a convertelos nun destino turístico atractivo durante todo o ano. O proxecto conta co apoio da Comisión Europea que xoga un papel de coordinación fundamental e que se encarga tamén de xestionar unha campaña global de comunicación dos destinos gañadores.

Sociedade