Desfibriladores

Fene aprende a manexar os desfibriladores. Protección Civil encárgase dos colexios.
28 de Marzo, 2019 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo de Sillobre organiza un curso teórico práctico de manexo do desfibrilador. Falaráse da enfermidade cardiovascular, da actuación ante unha parada cardio rrespiratoria e de actuación ante un atragantamento. Imparte o curso o médico do SERGAS Juan Ramón Couce, o sabado 30 de marzo ás sete da tarde nos locais de Agarimo.

Cursos de manexo do desfibrilador

Iniciaronse en Fene os cursos formativos municipais sobre primeiros auxilios, resucitación cardiopulmonar básica (RCP) e manexo do desfibrilador nos centros educativos do municipio. Uns cursos que está a impartir a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

Ata o CEIP Centieiras se desplazaban onte Sandra Martínez e José Manuel Castro, responsable da agrupación e integrante da mesma, para iniciar o programa cos rapaces de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria. Este programa formativo busca, segundo explica o edil responsable de Deportes, Xoán Manuel Bastida, convertir a Fene nun Concello cardioprotexido. Para iso, a finais de ano, a Concellería de Deportes dotou de desfibriladores aos pavillóns de San Valentín e do Ramo, os campos de fútbol de Perlío e Maniños e a piscina municipal, xa que na actividade deportiva son máis frecuentes os casos de morte súbita.

Deportes

Publica o teu comentario agora