Desguazado o Ocean Park, o máis lonxevo dos petroleiros feitos en Astano

Desguazado o Ocean Park, o máis lonxevo dos petroleiros feitos en Astano

23 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O petroleiro “Ocean Park” botado en Astano o 10 de decembro de 1973, ven de ser desguazado en Pakistán hai uns dias. Era o máis lonxevo da serie de grandes petroleiros construídos no estaleiro de Fene. Vivíu 36 anos, se ben a metade deles como pontón flotante, convertido en FSO nos mares de Indonesia. Algo que acredita a gran calidade dos buques realizados na antiga Astano nos anos 70, segundo o xornalista, Juan carlos Díaz Lorenzo.

O Ocean Park realizouse na chamada  “década prodixiosa” cando Astano acometeu a construcción dos primeiros petroleiros do mundo  realizados sobre grada inclinada, feito que nunca volveu repetirse no mundo. A esa época de grandes petroleiros e innovación tecnolóxica refírese Diaz Lorenzo, destacando a acción empresarial do equipo de Suárez Llanos que se separou do grupo español para contactar coas mellores firmas do sector petroleiro mundial.

O Arteaga foi o primeiro daquela serie de 16 grandes petroleiros que saíron do estaleiro fenés. A sua botadura foi espectacular e a ela acudiron técnicos doutros países como Xapón, incrédulos de que o barco poidese reterse e non embarrancar no Montón.

O calificativo de "fito histórico" é o máis acaído para definir aquel bon facer dos operarios galegos na construcción civil de buques a nivel mundial, segundo Díaz Lorenzo, co que hoxe lembramos un daqueles barcos, o Ocean Park que ven de ser desguazado despois de 36 anos de longa vida nos mares.

Sociedade