A desigualdade é insoportable

A desigualdade é insoportable
21 de Decembro, 2018 - 01:31 h. | Publicada por Radio Tui

Austeridade no gasto público + reformas laborais (recortes de salarios e dereitos) = Redistribución inxusta da renda.  Disque a economía leva cinco anos medrando e xa recuperamos o PIB anterior á gran recesión de 2009. Pero seguimos igual.

As persoas ricas son máis ricas despois da crise

Dos 1,8 millóns de persoas que percibiron ingresos en Galicia, como asalariadas, pensionistas ou desempregadas, 856.282 foron baixos ou moi baixos, bordeando o limiar da pobreza. Unha situación inaceptable que afecta ao 48% dos declarantes. A metade da sociedade galega obtivo ingresos por debaixo de 12.000 euros brutos anuais en 2017. As razón son os salarios baixos, traballo a media xornada, contrato duns meses, prestación por desemprego escasa... En fín que percibiu 800 euros netos en 14 pagas; fronte ao 0,4% dos declarantes do IRPF no mesmo ano, a minoría máis rica, ingresou de media 12.000 euros mensuais ou 179.152 euros ao ano.O que nos fai concluir que "a desigualdade é insoportable" .

"Desde 2010 a Troika impuxonos medidas de austeridade no gasto público e reformas laborais, o que provocou unha redistribución inxusta da renda. Por iso, é indignante que o FMI e a Comisión Europea, co beneplácito de PP e Ciudadanos, se manifesten contrarios ao incremento do salario mínimo ou á recuperación das pensións con referencia ao IPC. Insisten no camiño do terror social no canto do crecemento a través da demanda interna, os salarios, as pensións, o gasto público. Ese é o motor", segundo o economista e deputado de En Marea Manuel Lago.

Sociedade

Publica o teu comentario agora