Despídese Manuel Sánchez, concelleiro de Fene.

Despídese Manuel Sánchez, concelleiro de Fene.

03 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sempre na sua liña, EU de Fene porá o acento no abastecemento de auga e saneamento, servicios básicos para unha mínima calidade de vida dos veciños-as. No seu programa electoral, practicamente ultimado, esta será unha prioridade, xunto á participación cidadá ou a formación e o emprego da mocidade. O actual concelleiro, Manuel Sánchez, despedíase esta mañán no espacio As Foxas, como portavoz de EU xa que no

“Hai catro anos producíuse un cambio e se esperaba bastante maís” . Así resumía esta mañán os últimos catro anos de goberno socialista, aínda que extendéu a culpa tamén ao PP e BNG pola bronca permanente dende a oposición. Para o edil de EU, tampouco servíu o pacto do PSOE e BNg dos dous primeiros anos.

No balance dos oito anos que estivo na corporación municipal, a Manuel Sánchez pasáronlle cousas boas pero tamén lembraba a peor de todas, a morte de Pancho Allegue, que o afectóu terriblemente, segundo declaróu. No acto de presentación da candidatura de EU en Fene o pasado venres, a coordenadora nacional, Yolanda Díaz , transmitía a Manuel Sánchez o agradecemento de parte do órganismo nacional pola sua entrega no cargo de concelleiro de Fene.

Sociedade