Despedimento con baixa médica

Despedimento con baixa médica
12 de Setembro, 2019 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

Noa madeira creativa despediu a un traballador por estar de baixa médica, segundo denuncia o comité de empresa da firma ubicada no polígono de Vilar do Colo en Fene. Os representantes do plantel afirma que "este despedimento, a máis de vulnerar os dereitos fundamentais dun empregado, é unha proba máis do modelo de relacións laborais que o grupo Malasa quere implantar en Noa".

Noa madeira creativa

Para o órgano laboral "esta actitude senta un gravísimo precedente nunha empresa que traballa para marcas moi mediáticas e de recoñecido prestixio como as do grupo Inditex ou Adidas". O comité afirma que "o grupo Malasa é coñecido pola precariedade na que se atopa a maior parte do seu plantel".

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora