Despertan os Mómaros de Pontedeume

Despertan os Mómaros de Pontedeume

07 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chegou o día no que os Mómaros de Pontedeume - A Coruña- saen do seu letargo e pasean as ruas que xa están de festa dende esta mañá. Ás 12 sairán os Mómaros do concello para percorrer a vila acompañados da Banda de música.

 O ex presidente de Portos de Galicia, Alvarez Campana, ten a encomenda de ler o Pregón ás 8 da tarde. A primeira verbena desta noite  estará amenizada por Foliada e despois chegará a actuación do grupo granadino, Los Niños Mutantes. A música pode durar ata cando quera porque mañán é día festivo local en Pontedeume e día da misa en honor á Virxe das Virtudes. A misa non sei pero o que non se perderán mañán os eumeses e centos de visitantes será a cucaña marítima e a queima do galán. A París de Noia estará na verbena da noite. 

Sociedade