Destino Burgos

Destino Burgos
02 de Marzo, 2020 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene participará de novo no VII Hiperbaric Challenge no mes de xuño. O ano pasado os feneses acadaron o segundo premio.

ESCOITA O PODCAST:

Soldadura e Automoción do IES de Fene participarán un ano máis no Hiperbaric Challenge. Fabricarán un prototipo, un veículo de inercia e competirán nunha carreira en Burgos na segunda semana de xuño. O ano pasado lograron o segundo premio. Os rapaces do Instituto xa se puxeron a traballar porque deben elaborar un proxecto educativo, segundo o profesor Juan Carlos Romero. (Na imaxe con Gerardo Brage).
O Hiperbaric Challenge é un desafío educativo ara o desenvolvemento do talento e a creatividade mediante o deseño e construción dun coche de inercia. Vai pola séptima edición.

Sociedade

Publica o teu comentario agora