Destino turístico de calidade

Destino turístico de calidade
20 de Xullo, 2020 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

Calquera dos roteiros pola cidade de Ferrol ten detrás un gran traballo de investigación e a pericia de guías turísticas como Isabael Díaz-Robles, que se adaptan a calquer tipo de público e grupo. Falamos con ela dos roteiros que están en marcha este verán.

ESCOITA O PODCAST:

"Somos los especialistas en Ferrol e comarca, non atoparás guías que coñezan esta terra máis a fondo que nós". Ferrol Guias é a marca marca comercial de Fertur Servicios Turísticos, unha empresa formada por guías de turismo oficiais con vinte años de experiencia. Son pioneiras ofrecendo visitas guiadas na cidade. Ofrecen visitas regulares a Ferrol e tamén roteiros a medida para os grupos que o soliciten, tamén nas comarcas de Eume e Ortegal, e para institucións como concellos, Deputacións. Detrás de cada oferta hai un traballo inxente de investigación e de adaptación a todo tipo de públicos, infantís, de xente de aquí ou a extranxeiros. Mesmo fan itinerarios á carta, ao gusto dos solicitantes.

Á súa xerente, Isabel Díaz- Robles, debemos que Ferrol se contemple como destino turśtico. Cansa de percorrer hai 20 anos a N 651 a Santiago, A Coruña ou Rías Baixas, pensou por qué non deseñar roteiros na cidade departamental?. E así foi como empezou o primeiro roteiro polo centro da cidade, o chamado “Ferrol modernista” en 1999. Seguíronlle o Arsenal militar e Navantia Ferrol. Logo viñeron o pazo de Capitanía, o Ferrol en feminino, o Campus de Esteiro e, recentemente, Ferrol Secreto no que nos descubren quén foi Carme Curuxeiras ou por qué se chama "O Rápido" un dos ultramerinos máis antigos da cidade.

Isabel Díaz- Robles. Filóloga e guía oficial de turismo e xerente de Ferrol Guías, dirixe neste momento, tras o parón da Covid19, a visita ao Pazo de Capitanía , os primeiros sabados de mes. O próximo será o 1 de agosto, en doble sesión, ás 11 ou ás 12 da mañá. A outra oferta é Ferrol Secreto, os martes, xoves e sabados, saíndo ás 12 do Porto de Curuxeiras. Agarda poder amorar de novo o Arsenal, unha vez teña o permiso para entrar. Fora de Ferrol, a visita de máis éxito, confesa Isabel, é a San Andrés de Teixido. As normas tras a Covid19 son que os grupos non superen as 24 persoas. Quedamos coa páxina, ferrolguias.com ou co teléfono 696531070.

(Isabel Díaz-Robles en plena acción diante do Parador de Turismo ferrolán. Marzo 2019)

Cultura

Publica o teu comentario agora