Detido tras amenazar cun coitelo e reter durante 8 horas a 2 mulleres

Detido tras amenazar cun coitelo e reter durante 8 horas a 2 mulleres

25 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O xove de 30 anos que mantivo retidas a dúas mulleres a punta de coitelo desde as oito da tarde do martes en Milladoiro (Ames), nos arredores de Santiago, foi detido por un equipo especial da Garda Civil ao redor das 2.00 da madrugada. Unha decena de axentes entrou no edificio cun ariete e unha escaleira portatil e poucos minutos despois o mozo saía esposado do edificio e era introducido nun vehículo policial. Segundo informou un portavoz policial, foi unha "operación limpa&

Segundo as primeiras versións dos feitos, o mozo, supostamente baixo os efectos dalgunha droga, ameazou cun coitelo á súa propia muller e a outra rapaza. Aínda que a súa muller logrou escapar da vivenda, a outra moza permaneceu co atacante até a intervención policial.

Os feitos tiveron lugar no piso onde residía o matrimonio, situado no a porta 2ºC do número 13 da rúa Anxeriz, na que se congregaron numerosos veciños que increparon ao individuo cando, periodicamente, se asomaba á xanela da vivenda. Nas inmediacións tamén seguiu en persoa os acontecementos o alcalde de Ames, Carlos Fernández.

Sociedade