Detido un exhibicionista en Redondela

Detido un exhibicionista en Redondela

03 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os feitos iniciáronse hai un ano cando as alumnas dun centro de ensino detectaron a presencia dun individuo nun vehículo que segundo as súas declaración “comezaba a tocar as súas partes íntimas e a masturbase cando chegaban á súa altura”.

Logo de poñer en coñecemento dos seus pais esta situación, os proxenitores presentaron unha denuncia na Comisaría da localidade o pasado mes de maio, data na que comezan as investigación que dan como resultado a identificación e posterior detención deste home nas inmediacións do seu domicilio.

O detido non posúe antecedentes e pasou xa a disposición do xulgado número dous de Redondela.

 

Sociedade