Detido un veciño de Redondela por trafico de drogas

Detido un veciño de Redondela por trafico de drogas

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O punto de venta estaba localizado nas inmediacións de Rande. Na operación policial interviñéronselle oitenta doses de heroina. Axentes da Policía Nacional detiveron en Rande a I.C.R., veciño de Redondela de 33 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

A detención foi posible grazas á colaboración cidadá, xa que varios veciños alertaron de que dende hai semanas un individuo se dedicaba a vender sustancias estupefacientes nas inmediacións da gasolineira de Rande, o que estaba a causar gran alarma social no vecindario. Ante as denuncias, a policía nacional estableceu un operativo policial que permitiu a identificación e detención do traficante na xornada de onte.

 

 

Unha vez identificado, realizouse un rexistro no seu vehículo e interviñéronselle oitenta doses de heroina. Ao detido, quen pasou xa a disposición do xulgado de garda de Redondela, cónstanlle oito detencións anteriores dende roubo con intimidación, ata agresión sexual, malos tratos, conducción baixo a influencia do alcol e tráfico de drogas.

Sociedade