Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo!

Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo!

25 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes súmase un ano máis á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero neste 25 de novembro. Este ano o lema escollido é “Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo”.

O Consistorio ordense segue a traballar firmemente na loita contra este tipo de violencia e a última das súas iniciativas consistiu na elaboración dunha serie de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editaron en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollen diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, tipos de maltrato, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, dereitos e axudas das que se dispón como vítima e outras cuestións de especial interese para estas mulleres.Estes dípticos, tal e como informaron dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ordes, repartiranse entre a poboación en xeral e tamén se distribuirán a través dos corpos e forzas de seguridade, xulgados, centro de saúde, servizos sociais, o CIM de Ordes e a Subdelegación do Goberno, institucións implicadas no “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 en Ordes.

Con estas iniciativas o Concello de Ordes fai unha clara aposta para loitar contra a violencia de xénero, poñendo en marcha novos mecanismos de coordinación entre os diferentes organismos implicados no protocolo.

Sociedade