A devoción pola Virxe de Chamorro

A devoción pola Virxe de Chamorro

25 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Centos de romeiros e romeiras, chegados a pé ou en xeonllos, xa están a celebrar unha xornada campestre arredor da Ermida de Chamorro. Como cada luns de Pascua, o santuario da Nosa señora do Nordés, foi pouco a pouco enchéndose de visitantes. Aínda que esta celebración se oficializaba na década dos 50, a adoración á virxe xa provén dos Séculos de Ouro. Segundo a tradición popular o nome

Desde primeiras horas da mañá os romeiros e romeiras ascenderon o camiño que sube á ermida para presentarlle os seus respectos á Virxe de Chamorro. Os grupos de gaitas Estrobos e Agarimo de Catabois arrufaron, desde as dez, a xornada litúrxica e festiva. Ás nove da mañá comezaron os actos litúrxicos, misas que se repetiron cada hora ata a unha do mediodía. A imaxe da virxe saiu en procesión e os fieis presentáronlle os seus ex-votos de cera. A celebración da Romaría do Chamorro constitúe unha cita ineludible no calendario festivo ferrolán que serve para pór o broche de ouro á Semana Santa da cidade departamental.  

Sita nunha pequena colina dende onde se contempla unha das máis fermosas paisaxes do val de Serantes, da cidade e tamén da súa ría, o santuario é un pequeno templo de estilo gótico tardío, composto dunha única nave rectangular e muros de sillería de granito. Unha inscrición no muro sur da cabeceira permite datala no primeiro tercio do século XVI.

Sociedade