A devolución da peaxe sería automática

A devolución da peaxe sería automática
05 de Decembro, 2018 - 12:03 h. | Publicada por Radio Redondela

A Fiscalía presenta no Xulgado do Mercantil de Pontevedra a demanda contra Audasa en defensa dos consumidores polo cobro íntegro da peaxe na AP-9 en Rande durante tres anos. O tramo estaba en obras e a concesionaria reduciu carrís e velocidade.Se prospera a iniciativa, a devolución dos cartos faríase de xeito automático para a xente que pagou con tarxeta ou co dispositivo Via T.

Autoestrada do Atlántico

A fiscalía considera abusiva a práctica de cobrar integramente a peaxe da autoestrada, sen moderar ou eliminar o seu importe cando non se está prestando o servizo en condicións suficientemente satisfactorias de fluidez e seguridade do tráfico. As obras na ponte de Rande favoreceron a aparición de embotellamentos e retencións, que se sucederon de xeito constante e cotián.

A Fiscalía pide que a devolución dos cartos se faga directamente á xente que pagou mediante tarxeta bancaria ou mediante o dispositivo de Vía T. Tamén á que abonou a peaxe en efectivo pero poida acreditar que usaron o tramo nesas datas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora