Dez de cada cen casos de depresión no Estado dánse en Galicia

Dez de cada cen casos de depresión no Estado dánse en Galicia

18 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Asturias está no segundo lugar en número de casos de depresión, e segundo algunhas investigacións o menor número de horas de luz solar nas dúas comunidades predispón aos seus habitantes a desenvolver un estado de tristura e melancolía que pode derivar nunha depresión leve. Mais outras zonas do norte, como Euskadi ou Cantabria, rexistran menos casos. Isto, segundo Manolo Castro, demostra que o da climatoloxía non é un argumento definitivo para referírmonos á depresión.

O feito de que se contabilicen máis casos en Galicia pode deberse, explica, “a un bo sistema sanitario público que favorece a detección precoz de síntomas e trastornos que antes se cronificaban”. Claro que, advirte Castro, “de cote se etiquetan cadros transitorios de tristura como depresión. Esta doenza pasou de ser algo vergonzoso a algo que se asocia a calquera malestar”. Non obstante, o voceiro do Colexio de Psicólogos comparte a idea de que “a depresión é o gran andazo do século XXI”.

Sociedade