A dificil situación das auxiliares de Navantia

A dificil situación das auxiliares de Navantia

18 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os despidos dos traballadores das auxiliares de Navantia xa comezaron. A falta de carga de traballo está a provocar o goteo de despedimentos en todas as compañías, eléctricas, de pinturas, metal….Cada día deixan de traballar operarios e as auxiliares traballan baixo mínimos. Unha queixa unánime dos empregados que anuncian un calendario de mobilizacións si non se albisca unha saída a súa problemática.

As consecuencias da falta de traballo xa está a arrastrar ao paro a moitos dos operarios das compañías auxiliares de Navantia. “Non hai nada contratado. Traballamos nun barco que se entrega o 24 deste mes, a entrega de bloques para o segundo australiano camiña lentamente e a fragata noruega xa está prácticamente finiquitada”, explicou un dos empregados e delegado da CIG, Emilio Maceiras. Non temos prespectiva de traballo nin a curto nin a longo prazo e vémonos na rúa, asegurou. Os despidos xa comezaron hai tempo e, por iso, comezaron os contactos cos delegados sindicais e asambleas coas distintas empresas para actuar conxuntamente.

Nas xuntanzas acordaron esixir medidas concretas para a eliminación das políticas de recurte do gasto público para conseguir contratacións e novas infraestruturas. Ademais demandan o remate, dunha vez, do ronsel de decisións políticas discriminatorias coa comarca de Ferrolterra por parte das administracións e a eliminación das restriccións da súa capacidade produtiva.

Ante esta situación retomarán os contactos cos delegados sindicais para loitar polos seus postos de traballo e fixar un calendario de mobilizacións. Unha postura aprobada unanimemente polos sindicatos CIG, UXT e USTG que non apoia CCOOO. “Este sindicato boicoteu a concentración do pasado martes alegando que non podían asistir porque llo recomendaba o Comité de Empresa”, sinalou Maceiras. De feito, entregaron un escrito á empresa pero non a esta organización sindical, pois o seu presidente non se deu por enterado deste acto.

Sociedade