Dimite Fernando Blanco tras as declaracións do empresario imputado

Dimite Fernando Blanco tras as declaracións do empresario imputado

05 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O exconsellero de Industria Fernando Blanco renunciou á súa acta no Parlamento galego e a ser candidato do BNG pola provincia de Lugo ao Senado tras coñecerse as declaracións ante a xuíza do empresario Jorge Dorribo sobre supostos cobros irregulares, e faino "en contra" da opinión da formación nacionalista. 'Cando se abra o sumario, iniciarei as accions legais pertinentes' indicou o deputado do Bloque.

Fernando Blanco comezou así a rolda de prensa ofrecida xunto ao portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, comparecencia na que rexeitou as acusacións de Dorribo, que tachou de "calumnias". Ademais, confirmou que presentará unha querela polas mesmas.

 

Trátase da segunda renuncia dun cargo público, logo da dimisión onte do parlamentario do PPdeG Pablo Cobián Fernández da Ponte, que renunciou ao acta de deputado na Cámara autonómica e tamén á de concelleira no concello coruñés de Oleiros, tras vinculalo o propietario de Nupel, Jorge Dorribo, con supostos pagos ilegais, no marco da operación 'Campeón'. O popular tamén defiendió a súa "inocencia" e avanzou que emprenderá accións legais.

 

Segundo publicou 'El Mundo', o industrial farmacéutico declarou no xulgado que Cobián cobraría 200.000 euros por "realizar xestións ante a Xunta", ademais de "lograr un patrocinio" para o seu fillo, "afeccionado ás estradas de coches". O mesmo diario asegura que Dorribo dixo entregar 400.000 euros en metálico e facturas "infladas" ao ministro de Fomento, José Branco, ademais de "pagar" 350.000 euros ao exconselleiro de Industria e deputado nacionalista, Fernando Blanco.

Sociedade