Disconformes coas novas tarifas para os centros de día e as escolas infantís

Disconformes coas novas tarifas para os centros de día e as escolas infantís

11 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os concellos gobernados polo BNG anunciaron que non van asinar os convenios que a Axencia Galega de Servizos Sociais pretende impor unilateralmente, modificando sen negociación previa as condicións polas que a día de hoxe se prestan servizos básicos nos centros de día e nas escolas infantís, e impoñendo un canon aos municipios que lles obriga a pagar 3.600 eu

O BNG leva o debate ao Parlamento para que desde a Cámara saia un mandato claro instando ao Goberno a “restaurar o consenso cos concellos”, explicaba esta semana a deputada portavoz de asuntos sociais, Carme Adán. “Pedimos retirar os convenios unilaterais e que a Xunta se sente a escoitar e a negociar cos alcaldes e alcaldesas, que se establezan acordos con todos os concellos, ben de xeito bilateral, ben a través da Fegamp”. Á espera de reconducir a situación entre a Axencia Galega de Servizos Sociais e os municipios, o Bloque pide á Xunta “que garanta” o normal funcionamento dos centros de día e das escolas infantís e a apertura inmediata das negociacións cos concellos.

Institucional