Discretos e inofensivos

Discretos e inofensivos
02 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Son animais fascinantes e inofensivos. Cumpren un papel fundamental no ecosistema”, explicou a Radio Fene o biólogo Roberto Hermida, da asociación Morcegos de Galicia, con sede nas Pontes e dedicada á investigación e conservación destes animais. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/010424HERMIDA.mp3

Fotografía: Medindo morcegos capturados durante un campo de traballo científico da Asociación Morcegos de Galicia

“Os morcegos europeos son os grandes reguladores da poboación de insectos”. A asociación Morcegos de Galicia ten na súa páxina web un atlas actualizado e con información fiable coas colonias de morcegos detectadas. En Galicia hai 25 especies diferentes de morcegos. Están todas protexidas e algunhas incluídas no catálogo de especies ameazadas. Hai morcegos cavernícolas, outros forestais e tamén hai especies que foron quen de adaptarse á vida en zonas urbanas. Non hai ningún censo dos morcegos existentes en Galicia.“Son un grupo complexo de estudar, son nocturnos e discretos”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora