A discriminación salarial contra as mulleres en Galicia é das maiores de Europa

A discriminación salarial contra as mulleres en Galicia é das maiores de Europa

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As responsables de igualdade dos sindicatos Comisións Obreiras e UXT achegaron ao Parlamento unha proposta de resolución para que o 22 de febreiro sexa declarado no foro autonómico Día Internacional contra a discriminación salarial por sexos, tal e como xa aconteceu no Parlamento Europeo. A data solicitada non é casual: representa o esforzo extra que ten que facer unha muller para equipara o seu salario ao dun home que desempeñe o mesmo cargo, explicou en Rad

Os sindicatos lembran que as medidas máis eficaces á prol da equiparación salarial son as que se poden tomar na negociación dos convenios colectivos, no día a día das empresas. Na Unión Europea, a fenda salarial por sexos supón unha discriminación de ingresos de entre o 4 e o 30 por cen contra as mulleres. O nivel de desequilibrio en Galicia sitúase entre o 20 e o 25 por cen. Mabel Pérez salienta que non se trata dun fenómeno liñal, senón que a diferenza varía por sectores e, curiosamente, a maior responsabilidade laboral para a muller, maior discriminación salarial.

Sociedade