Diversión en movemento

Diversión en movemento

29 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dende comezos do mes de decembro está en marcha a primeira experiencia de “Ludibús” na comarca. Con esta iniciativa proponse unha alternativa de ocio para nenos e nenas de distintos concellos da bisbarra, froito da colaboración da compañía de transporte Arriva e Galilandia (unha empresa ubicada en Monfero que se adica á formación e animación infantil).

A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos para os que se organizan, nas tardes dos sábados, todo tipo de actividades culturais e deportivas, a cuberto ou ao aire libre. O escenario do proxecto é a Escola de Vilacha, un colexio rural que a Asociación de Veciños cede a Galilandia para o desenvolvemento das súas actividades.

Segundo explicou a Radiofusión a xerente de Galilandia, María Jose Ramos, a proposta do “Ludibús” inclúe o desprazamento dos nenos dende calquera dos concellos participantes. Para iso, Arriva fleta dous autobuses, -un con saída dende Ferrol e outro con saída dende Betanzos- para cubrir as dúas rutas polos concellos de Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Bergondo, Miño, Vilarmaior e Irixoa. No “Ludibús” os pequenos van acompañdos de dúas coidadoras que habitualmente realizan tarefas de acompañamento en transporte escolar.

Para participar nesta experiencia lúdica cómpre reservar praza no teléfono 616117939 ou enviar un correo electrónico ao enderezo m-jose@arrakis.es. O desenvolvemento da actividade está suxeito á formación dun grupo mínimo de 17 nenos ou nenas cada semana.

Sociedade