A diversidade da flora e da fauna de Galicia

A diversidade da flora e da fauna de Galicia

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Iván Puentes e a concelleira de Medio Ambiente inauguraron esta mañá na Casa da Cultura de Fene a Exposición didáctica “Galicia Biodiversidade” auspiciada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Permanecerá en Fene ata o sabado desta semana.

O alcalde, Iván Puentes, afirmaba que se trata de dar a coñecer a diversidade da flora e fauna galegas e de concienciar á poboación da necesidade de protexela.

As prantas que están ameazadas, os peixes de rios e mares, os pequenos e grandes animais ameazados, etc... son alguns dos aspectos que podemos recoñecer nesta mostra.   

Sociedade