Doña Rosita, anotada

Doña Rosita, anotada
26 de Xullo, 2020 - 09:21 h. | Publicada por Radio Allariz

O público aplaudiu con gañas ao actor e actrices de "Doña Rosita la soltera", a obra de Pablo Remón, posta en escea na noite de onte no auditorio do Castelo de Ribadavia. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia clausurase mañá. Fernanda Orazi,  Manuela Paso e Francesco Carril interpretan de xeito sensacional o texto de Remón, que reflexiona sobre o paso do tempo na vida das persoas.

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Aparece unha Rosita transgresora, na que o dramaturgo apura, anota e renova traéndoa aos comezos do século XXI. Respectando as intencións do escritor de Fuente Vaqueros, a obra desborda creatividade e talento. Trátase dunha comedia dramática que adapta libremente o texto de Federico Garcia Lorca. "Doña Rosita anotada" de Pablo Remón, representada por La Abducción (Madrid) coa colaboración de Buxman Producciones e da Comunidade de Madrid. "Que vaia ben e non levar un golpe" afirmou esta mañá un home de idade na barra dun bar de Ribadavia. 

Cultura

Publica o teu comentario agora