Do 3 ó 7 de xullo, Burela acolle o II Curso de Música Interdisciplinar

Do 3 ó 7 de xullo, Burela acolle o II Curso de Música Interdisciplinar

29 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Do 3 ao 7 de xullo terá lugar en Burela o II Curso de Música Interdisciplinar que organiza a Escola Municipal de Música. As princiais novidades deste ano son as clases de oboe e fagot, así como actividades de musicoterapia para os rapaces con algunha discapacidade.

A Escola Municipal de Música de Burela é a encargada de organizar este evento que por segundo ano consecutivo pretende xuntar na localidade manirñá a amantes da música, sexan iniciados ou non. O director da escola, Xan Carballal destacou que non é preciso saber tocar ningún instrumento, senon que o curso está aberto a todo o mundo que queira coñecer un pouco máis sobre esta disciplina artística.
Carballal dixo que ademais dos profesores habituais do centro habería tres mestres convidados. Tamara Gaveiras será unha delas. Profesora superior de piano que na actualidade está en Nova York. Tamén acudirán Irina Bunkova, profesora superior en dirección de coros e profesora superior de canto e Marcos Galán, titulado superior en oboe. Todos contan cunha ampla bagaxe no eido da música desde hai anos.
O director da Escola Municipal de Música manifestou que entre os diversos apartados que abordarán neste curso interdisciplinar están a música de cámara, de orquestra ou de banda. Tamén se tratará a técnica vocal, a análise musical, e por suposto, a música activa para os máis cativos. As accións de musicoterapia son unha novidade da edición deste ano e están encamiñadas ás persoas con algún tipo de discapacidade. Xan Carballal quixo suliñar que  “nos gustaría que fora un curso no que todo o mundo ao que lle guste a música se poida achegar pola Escola e disfrutar”. 

Sociedade