Do rosa ao amarelo

O Concello de Fene respaldou as peticións do plantel de Noa Madera Creativa.
02 de Novembro, 2018 - 08:41 h. | Publicada por Radio Fene

Fene executará o remozamento da fachada do colexio A Xunqueira de San Valentín, o acondicionamento de dous viais e Maniños, a reforma dos vestiarios do campo de futbol dos Pinares, o punto de encontro da Galiña Azul e a reforma do firme da rúa Porto do río. Tamén se aprobou o último trámite administrativo para a cubrición da pista polideportiva do colexio Centieiras.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene respaldou as peticións do plantel de Noa Madera Creativa. Demandan o mantenemento do emprego na empresa do polígono de Vilar do Colo segundo se puxo de manifesto no pleno ordinario da Corporación celebrado na tarde do pasado mércores. Boa parte o plantel de Noa presenciou a sesión no salón de plenos da Casa do Concello. A dirección de Noa anunciou a pasada semana o despido dun cento de empregados do total de 250 da empresa pero ainda non presentou a documentación do Expediente de Regulación de Emprego extintivo diante da autoridade laboral. O Pleno apoiou as demandas de mantemento dos postos e traballo, a retirada do ERE e o mantemento das condicións de traballo. Os traballadores e traballadoras de Noa aplaudiron o apoio a corporación e retiráronse do pleno acompañados dos aplausos da mesa dos políticos locais.

No discurrir da sesión, o pleno de Fene aprobou por unanimidade que non se reduza aos fundionarios o seu salario en situacións de incapacidade temporal, tal e como se obrigaba por lei desde o ano 2012 a raiz da crise. O concello asumirá agora o 100% do salario nesta circunstancia para todos os traballadores, sendo un dos primeiros da comarca que revirte a situación, segundo a concelleira de Facenda, Rocío Bértoa.  O PSOE reprochoulle que foi o PP quen decretou ese recorte de dereitos.

A modificación de crédito para a compra dun veículo de atestados destinado á Policía Local tamén recibiu os parabéns de toda a corporación. A concelleira de Facenda xustificouna polo obsoleto parque de veículos da policía municipal. Outra medida corroborada por todos os grupos políticos foi a Declaración Institucional contra a violencia de xénero, cuxo dia se conmemorará o 25 de novembro. Entre outras medidas o concello de Fene comprométese a ampliar os recursos económicos e humanos a prol da igualdade e contra a violencia de xénero.

Fene executará o remozamento da fachada do colexio A Xunqueira de San Valentín, o acondicionamento de dous viais en Maniños, a reforma dos vestiarios do campo de futbol dos Pinares, o punto de encontro da Galiña Azul e a reforma do firme da rúa Porto do río. Tamén se deu o último trámite administrativo para a cubrición da pista polideportiva do colexio Centieiras. O portavoz socialista declarou que moitos destes proxectos iniciounos, mentres durou, o tripartito.

Noutra orde de cousas, o pleno aprobou a modificación dos estatutos da Asociación e Concellos do Camiño Inglés. Atendendo unha moción das confrarías de Ferrol e Barallobre, Fene demandará diante da Xunta de Galicia a plantación de semente e a supresión das escolleiras da ponte das Pías para mellorar as condicións de traballo do marisqueo na zona. O grupo socialista presentou unha enmenda na que se propón un estudo previo de rexeneración da ría.

Aspaneps ampliará o seu local no lugar de O Castro en Perlío, grazas á cesión de dous locais anexos por espazo de 20 anos, por parte do concello de Fene que onte o aprobou en pleno tamén por unanimidade.

O BNG presentou unha moción de apoio ás 19 persoas encausadas por unha acción simbólica de ocupación do pazo de Meirás- en agosto de 2017- na que demandaban a súa devolución ao patrimonio público. No pasado mes de maio, a Fundación Francisco Franco e a familia Franco, denunciounos por ocupación de morada, ataque ao honor e incitación ao odio. Os nacionalistas recibiron o apoio de oito concelleiros, do BNG e PSOE e EU, e a abstención do PP e Somos Fene. O PP pediu que a Plataforma en defensa da devolución do Pazo de Meirás convoque á representante do concello de Fene, a socialista Amalia García. No debate desta iniciativa produciuse un agrio enfrentamento entre a concelleira de EU e os edís do goberno, Rocío Bértoa e Rodríguez Bastida.

Institucional

Publica o teu comentario agora