A doazón dun terreo por un veciño de Allariz centrou o pleno ordinario de febreiro

A doazón dun terreo por un veciño de Allariz centrou o pleno ordinario de febreiro

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O xesto xeneroso de Felipe Aranceta Núñez permitirá aos veciños e veciñas de Nanín, no concello de Allariz, dispoñer dunha zona verde de 1.870 metros cadrados nas inmediacións da capela de Santa Olaia. O alcalde Francisco García explicaba na sesión plenaria que “trátase da última vonta

Ademais durante a sesión ordinaria, o pleno municipal aprobou dúas mocións presentadas polo BNG contra o decreto do galego na ensinanza e en apoio a unha agricultura libre de transxénicos. O Partido Popular, pola súa banda, defendeu dúas mocións referentes ó sistema de pensións e formulou unha petición á Xunta para aprobar un decreto de fomento do plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia.

Institucional