Doble victoria

Catro goles en total marcou o Perlío entre a copa e a liga.
04 de Novembro, 2019 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío gañou Copa e Liga esta fin de semana. Pasa a cuartos de final na Copa e xa está clasificado matematicamente para o grupo bo da Liga.

ESCOITA O PODCAST:

Liga

Vilarmaior 1- Perlío 2. Victoria dos feneses nun encontro marcado polo mal tempo. O campo foise encharcando e non se podía xogar ben co brando que estaba. Iago a pase de Pocho, marcou o 0-1 da primeira parte. Había que matar o partido, afirma Chechu Piñeiro, pero chega o empate. O Perlío da un paso adiante, ten varias ocasións e mesmo un pau. O arbitro pita o penalti que transforma o Perlio e finalmente lle da a victoria. O Perlío respira tranquilo porque matematicamente xa está clasificado no grupo bo.

Copa

O Perlío venceu tamén o venres na Copa. Perlío 2- O Val 1. Ten máis mérito se cabe porque o rival era un equipo de primeira autonómica. Mesmo o Perlío foi por momentos superior e sempre xogou cómodo, asegura Piñeiro. Chegouse ao descanso con 2-0, os dous tantos de Pocho. No minuto 46 da segunda parte, xa no tempo de desconto, chega o gol do Val que non foi suficiente para que o Perlio pase a cuartos despois de eliminar a un gran equipo. Próximo rival de copa, o Cultural Maniños. Xogarán nos Pinares no mes de decembro, probablemente na ponte da Constitución.

Deportes

Publica o teu comentario agora