Doce antroido en Mugardos

Doce antroido en Mugardos

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O antroido fixo entrada trunfal na comarca de Ferrolterra por Narón pero quedan os dias grandes mañán e o mércores, na maior parte dos concellos que elixen estes dias centrais para poñer todo do revés. Hoxe luns o cocnello de Mugardos convida a larperiadas.

Na praza do mercado mugardesa dispuxeron unha carpa para merendar neste luns de antroido, dende as 6,30 da tarde, orellas e chiculate. Tanto poñen as cousas patas arriba os mugardeses que hoxe toman os doces e mañán sortean as cestas cos salgados . Mañán á mesma hora,  e no mesmo sitio, haberá musica, animadores e premios no sorteo de catro cestas con lacóns, chourizos e cacholas. Iso sí requírese acudir disfrazado para participar. Os mugardeses enterran o mércores a sardiña. Mäis que a sardiña o que fan é queimar os mecos presentados polas sociedades. O máis orixinal prémiase con 300 €. É esta de Mugardos unha das moitas maneiras que ten Ferolterra de festexar o antroido.   

Sociedade