Doce Semana Santa

Doce Semana Santa

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Figuriñas de chocolate de tódalas formas posibles inundan estes días os escaparates das pastelerías. Son as coñecidas como “monas”, un dos doces máis demandados nestas datas ademais do popular “roscón de Pascua”.

Segundo Pedro García Espasandín, director da Escola Obradoiro “Gascón” de Ferrol, non existe unha gastronomía propia da Semana Santa pero sí unha serie de tradicións moi arraigadas como a de que os padriños agasallen aos afillados un ovo ou figura de chocolate o Domingo de Pascua. Son tradicións moi antigas pero de orixe incerto, segundo este experto reposteiro. 

Tempo de espiritualidade relixiosa para uns e de descanso para outros, a Semana Santa ten tamén a súa parte doce. Os “ovos de chocolate” e as “monas de Pascua” son os grandes protagonistas nestas datas. Adoitan levar algunha que outra sorpresa no interior ademais de seren moi vistosos.  

O que se está a perder, segundo Pedro García Espasandín, é o costume de regalar o roscón de Pascua, moi similar ao de reis aínda que sen sorpresa no interior. O director da Escola de Pastelería Gascón asegurou a Radiofusión que esta é unha tradición que vai a menos aínda que todavía algunha xente encarga o seu roscón con tantos ovos como anos teña o afillado ou afillada ao que vaia dirixido.  

Sociedade